Un ano máis o despilfarro militarizado dos orzamentos xerais do estado perdura, cando as necesidades sociais aumentan, a necesidade de control sobre a poboación moito máis…

Campanha Galega pola Objecçom Fiscal

Kaosenlared

Desde o «Espazo Aberto Antimilitar» convidámosvos a participar da «Campaña Obxección Fiscal 2009»


Que é a Obxección Fiscal?

A Obxección Fiscal (OF) é un acto de Desobediencia Civil que consiste en, á hora de facer a Declaración da Renda, non pagar ao Estado o diñeiro que este dedica á guerra e á sua preparación. A OF non supón evadir impostos, senón desviar cara proxectos sociais a cantidade que sería destinada a fins militares.

Aínda que non teñamos a obriga de pagar o IRPF, tod@s pagamos impostos cos que, queramos ou non, se financia o militarismo. Do mesmo modo, a Obxección Fiscal podemo-la fazer tod@s. E, se non queremos recorrer á OF, aínda podemos reclamar do goberno que o direito a non colaborar cos gastos militares sexa recoñecido e respeitado.

Por que obxectar?

Consideramos que o mellor xeito de resolución dos conflictos entre os pobos é o diálogo, a cooperación e a solidariedade.
Cremos que o principal camiño para conquerir un mundo en paz é favorecer a xustiza. E non estamos dacordo co destino militarista nen coa forma en que son utilizados os nosos impostos (directos e indirectos).

Que propomos?
Ao Estado: a progresiva diminución do gasto militar até a súa eliminación e, por conseguinte, a desaparición dos exércitos.

A todas as persoas e movementos sociais: a desobediencia civil, por medio da O.F., fronte á imposición de colaborar co militarismo.

http://nonaogastomilitar.org


Más información y campaña alicantina en Tortuga