
11 Xullo, 2010
contan que na entrega
do pazo de meirás ao dictador
alá polos primeiros anos corenta
pazo mercado por suscripcion popular
pero por familias obrigadas a poñer os cartos
contan que nesta enesima entrega
dun espacio publico ou privado ao dictador
darredor do pazo habia moitas bandeiras
para crear o ambiente necesario
e logo do acto na mesma noite
desapareceron misteriosamente case todas
uns poucos dias despois nas casas dos arredores
empezaron a aparecer nos tendais das veciñas
bragas bermellas e marelas e das duas cores
que neses tempos de escasez non se podian
rexeitar unhas teas abandoadas
. . . . . .
levaba eu uns dias fora do país
e atopeino cheo de bandeiras bermellas e marelas
unhas co escudo postfranquista outras co touro
e tamen algunhas co escudo do dictador
oin varias veces que por iniciativa popular
ou cecais pola dictadura dos medios dos bancos …
mentres que case na clandestinidade
se están a retirar moitos simbolos franquistas
como estes dias a cruz dos caidos no ferrol
as bandeiras do circo para o pobo
neste tempo de crise economica
e ainda mais crise social etica
crise de memoria…
a bandeira e as bragas
tempo ao tempo
o cronista a 11 de xullo
a bandeira e as bragas
Gran poema, gran comparación y muy atinada reflexión, lástima que el desconocimiento del galego impida saborearlo bien.