meses de terror

e foron sete meses

sete meses tardou a otan

usa españa e os seus aliados

en axudar aos chamados reveldes

e atopar e matar a gadafi e os seus

sete meses de terror

canto mais tempo botaran

mais destrozaban este pais

mais dividian a libias e libios

mais armas probaban e gastaban

sete meses de terror

normalizado e vendecido

como en irak e afganistán

polas demo-cracias occidentais

polo gran xefe o nobel da paz obama

violentos espectaculos

un piloto de motos onte

morreu nun accidente do seu traballo

finou como un traballador mais

pero era un home que moito arriscaba

que probocaba caidas dos outros pilotos

e o seu accidente foi retrasmitido en directo

porque el forma parte do espectaculo

o ruido das motos de carreiras

e dos macarritas que andan nas cidades

ruido semellante as armas de guerra

como éstas sobre a praia de samil

tamen violenta os nosos ouvidos

e morreu un represor baixo as armas

pero el non era un traballador

ainda que a violencia ferir e matar

tamen é un traballo moi ben remunerado

a detencion o linchamento

e a exposicion do cadavre de gadafi

tamen é un macabro espectaculo

que a cada rato poñen nos medios

hai anos nas televisions cambiaron

a moitos locutores de deportes

para a cabeceira dos telediarios

e seguen tratando as guerras

como se fose un espectaculo

… nen paz que nos oprima

outra imaxe dun berro

das comunidades zapatistas

e tantas razons para berrar

nen guerra que nos mate

nen paz que nos oprima

e tamen decimos non

á violencia da burguesia e da banca

á opresion da igrexa e da monarquia

e sempre diremos non

á violencia da policia e dos politicos

á violencia dos medios e da xustiza

ao terrorismo e ao terrorismo de estado

á violencia do sistema

a vella e cada vez mais vixente

consigna das mulleres de negro

nen guerra que nos mate

nen paz que nos oprima

canto euskadi libia

fado escuro

escuro canto de luto

a morte cobre estes versos

a musica do profundo

agarrame polo peito

co seu fado tan escuro

este canto das montañas

do deserto e das cidades

entre o lume e a palabra

camiña a humanidade

e con mais presa que calma

vou pola beira da ria

a noite de compañeira

as ondas unha elexia

este canto contra a guerra

fado escuro pola vida

canto de euskadi a libia

con tantas desangradas terras

fado escuro pola vida

. . .

manolo pipas

a estas estrofas

de hai unhas semanas

hoxe sumei os ultimos versos