
Ver aquí la web: http://www.nonaogastomilitar.org/
Parece que por estos lares empezamos a romper con el
minifundismo… se a creado a nivel galego una
coordinadora por la OF y han construido una web… que
no esta ni tan mal.
Presentación Campaña 2005
Vivimos tempos de globalización neoliberal, crise ecolóxica global e o que semella vontade de guerra global permanente.
Os gastos militares mundiais retornan a níveis da Guerra Fría. A Investigación e Desenvolvimento (I+D) está a ser militarizada. Ao tempo que medran as diferenzas sociais dentro e entre países. O Estado español e o conxunto da Unión Europea non son alleos a este alarmante fenómeno, e exemplo disto é que o texto que pretenden sexa a Constitución Europea recolle a «prevención de conflitos por meios militares» -quer dicer, lanzamento desde a UE de guerras preventivas como a do Iraque-, obriga aos Estados membros á «mellora progresiva das súas capacidades militares», cría a Axencia Europea de Defensa -«para o desenvolvimento das capacidades de defensa, a investigación, a adquisición e o armamento»… «para reforzar a base industrial e tecnolóxica do sector da defensa»- e integra á OTAN no seu articulado, ademais de a Unión contar xa cunha Forza de Intervención Rápida de 60.000 soldados.
A cidadanía pódese negar a seguir por este camiño e optar pola construción da paz, pode apostar por que nen un céntimo, nen unha muller, nen un home… nen un só recurso, acaben por ser destinados á guerra e á súa preparación. A Obxección Fiscal aos Gastos Militares é mais un modo de construírmos a Paz no noso día-a-día.