
o camiño mais curto entre a galiza e ese pais que chaman mexico
ten que pasar pola meseta a chaira o altiplano
o camiño mais curto entre a fugaemrede e a outra campaña
pasa por atenco somos todas e as okupas da vella majerit
e bo é que ainda non haxa boletos directos dende a fisterra a mesoamerica
que xa nos abonda de estragar pois
hai poucas semanas as compas de atenco somos todas
estiveran con nos dando unhas duras e fermosas platicas
que neste espacio ainda non pudemos valorar
e agora linda visita de cortesia e de apoio por se hai que mandar
algo pro outro lado do charco e a nosa breve estacia coincide
coa chegada da compañeira italia de la otra e expresa por atenco
e logo da sua primeira charla xa nos pasa un paquete para o planton
as compas de madrid estan moi revoltas
duas xa marcharon a zaragoza para preparar o encontro desta fin de semana
e as outras de asamblea en asamblea preparando varias dinamicas
e sobre todo preparandose para o ameazante desaloxo
do seu espacio okupado la juli e a nova ameaza nestes dias
ao palacio social okupado malaya onde se desenvolveron as xornadas
contra a represion politica e a tortura sexual hai mes e pico
hai dous dias foi a morte en suposto accidente do ministro mexicacano
mouriño de triste raiz galega e a do xefe do antinarcotrafico
e das outros seis ocupantes da avioneta e doutras seis persoas que ian pola rua
para as que non hai titulares e nos tampouco lle podemos adicar moitos minutos
pero fica no aire o posible atentado e outros rumores
i entre este clima retrasase un pouco o recital de poemas dun compa
entre a insubmision o antimilitarismo o nunka mais e o outro mexico….
un chingo de saudos e lembranzas que levamos pra outra beira
e duas cartas dunha compa tan cargadas de emocion
que case non entran na nosa mochila
ben entrada a noite na juli mais compas doutros encontros
desde lado e da outra beira e debemos interrumpir outra pequena asamblea
uns bikos e unhas apertas pra fuga o planton oaxaca chiapas ….
pero o camiño non o faremos o curto ou longo que quixeramos
o boleto madrid cidade de mexico é muito mais caro
que facer unha conexion polas europas e agarrar dous pinches avions
e xa temos que facer outra renuncia pola causa
na cidade de mexico na noite parada na casa dunha parella amiga
e mañan hai un evento de la otra na colonia de azcapotzalco
teatro e musica de autor que organizan compas de la voz del anahuac
publicacion de adherentes de la sexta declaracion
mantas de la otra e dos zapatistas e 2 de octubre no se olvida
lembranza dos varios centos de estudantes asasinados e desapacecidos
hai corenta anos na praza mexica de tlatelolco
contanme que a marcha do dia dous foi numerosa e con moitos estudantes
a segunda noite hai que voltar ao planton do penal molino de flores
compas que deixamos hai cinco meses estan estampando playeras
camisolas pola liberdade dos presos politicos do caso atenco
e falamos das xiras de mariana e italia e da banda da peninsula
e logo das duras sentencias e como foron estes meses
o planton está nunha nova dinamica dende finais de setembro
o voceiro de la otra campaña fixo un chamamento de apoio ao espacio
e diversos colectivos se van turnando para arroupar aos compañeiras
desta volta está o frente popular francisco villa independiente
e na noite ponse un video da sua loita primeiro pola vivenda
predios okupados por iztapalapa ao sur da cidade
que anos despois e vencendo posibles desaloxos foron mercados
como pequena renuncia de persoas que seguen dando pasos agora coa outra
vanse cumprir 15 anos do dia do ya basta
e haberá eventos importantes nestes dous meses no pais
en morelos e no df esta semana coa musica da resistencia
e a finais de decembro entre df e chiapas o festival de la digna rabia
e tamen nesta fin de semana en juchitan oaxaca o foro ecologico
de encuentro de nuestras voces de lucha y resistencia
onde destaca o tratamento do corredor eolico
con importante presencia e desfeitas das transnacionais de orixe español
a ver onde podemos estar pues
agardamos que logo se nos sume outro compa da fuga
fugaemrede
cidade de mexico 10-11-08