Malia que nos venden unha guerra aséptica, sen vinculación coas nosas vidas moi preto de nós estase a preparar a guerra que mata en lugares coma Afganistán, Iraq, Siria…

Se detemos a ollada en Galiza atopamos o seguinte listado da industria da guerra:

– CORITEL S.A. (Vigo): subministración de produtos varios e textís.

– FACOR – FÁBRICA DE ARMAS DE LA CORUÑA S.A. (A Coruña): armas lixeiras e municións (extinguida).

– GENERAL DYNAMICS S.A./Santa Bárbara (A Coruña, Oviedo, Trubia, Palencia, Murcia, Granada, Alcalá de Guadaira, Paracuellos del Jarama): blindados, cañóns, armas lixeiras, bombas, obuses e toda clase de explosivos (100% defensa).

– NAVANTIA (antes Izar y Bazán) Ferrol, Fene, Cádiz, San Fernando e Cartaxena: toda clase de embarcacións de guerra (90% producción militar).

– RODMAN POLYSHIPS S.A. (Vigo): plataformas navais e patrulleras lixeiras (20% producción militar).

UROVESA – VEHÍCULOS ESPECIALES S.A (Santiago de Compostela): plataformas para transportes de armas pesadas. Vehículos blindados (70% producción militar).

A maiores destas empresas sabemos que aquí tamén se colabora coa guerra:

– CTAG – Centro Tecnológico de Automoción de Galicia (Porriño): probas con tanques.

– AIMEN – Asociación de Investigación Metalúrgica del Noroeste (Porriño): fan probas de blindados e con pistolas para Santa Barbara.

Fonte: http://www.centredelas.org/index.php?option=com_wrapper&view=wrapper&Itemid=101&lang=es

http://www.nonaogastomilitar.org/content/industria-militar-en-galiza