do 3 ao 7 de marzo

á comunidade de bolon ajaw no caracol de morelia

chegamos nunha nova brigada de observacion tierra y territorio

hai duas semanas sofriron novamente acosos insultos e agresions

dos ejidatarios do turistico e proximo agua azul

e desta vez tamen unha tentativa de desaloxo por federales i estatales

a comunidade está ferida e o virus do medo medra nela

e desta vez nos pediron mais acampañamentos que outras semanas

din que algunha familia foi á colleita do cafe na sua comunidade de orixe

ou cecais fuxiu por medo e xa non pensen voltar ás suas precarias casas

o trato que nos recibimos foi cecais mais agarimoso

que nas anteriores e separadas visitas dos varios que repetimos

o seu compromiso so era darnos tortillas e leña

e as veces chegaban con tamales elotes e algunhas ervas

pero a comunicación coa asamblea foi mais precaria que outras veces

un helicóptero sobrevou a aldea a baixa altura

baixo a expectante ollada de internacionais e zapatistas

e no camiño se produciron outros insultos da opddic

8 de marzo

da comunidade de bolon ajaw marchamos na mañan do dia oito

chuvioso oito de marzo pues e como nas ultimas semanas

foron as mulleres tzeltales as que acompañaron aos brigadistas

ate a entrada da aldea ou lugar dalguns insultos e acosos

e acompañaron as novas persoas da seguinte brigada ate a comunidade

pasando ben perto da milpa dos paramilitares de opddic

como nas outras veces as acompañamos nos ate a estrada

porque son elas as que transportan os poucos excedentes de bolon ayaw

hoxe oito de marzo as mulleres

se manifestaron nas ruas e eventos de s cristóbal

pero en bolon ajaw e noutras comunidades chiapanecas

as mullleres non se manifestaron especialmente

que xa o fan todo o ano pues

9 de marzo

na praza da catedral da cidade de san cristóbal desenvolveuse

un xexun de doce horas de familiares e amigos dxs presxs politicxs chiapanecxs

varios deles en folga de fame desde hai un mes ou varias semanas

o evento foi organizado por aderentes de la otra campaña de la nueva jovel

os colectivos de apoio a presxs de la voz del amate e la voz de los llanos

paralelamente houbo visitas organizadas a estes dous penais

onde se atopan as persoas en folga de fame

as faixas foron desplegadas e os boletins repartidos

varias persoas foron entrevistadas para os medios independentes

e tamen para algun dos outros ante a desafiante ollada dos uniformados

as fillas e irmans pequenas das persoas presas estaban na praza

entre xogos e fermosos debuxos que ian saindo

ante a as veces sorpresiva ollada dos poucos toristas que se aproximaban

algunhas marcharon cedo que lle agardaban tres horas de transporte

e outras tantas horas a pe na noite ate a sua comunidade

para elas onte tampouco houbo oito de marzo

fugaemrede altos de chiapas 9-3-08