
Ver libro de Pipas «Marzo, abril e outros naufraxios»
compañeiro
dos versos
das loitas
e da nai terra
aki sigo fiando palabras
unha aperta

as comunidades
el maiz da identidad
y es nuestro faro
el maiz compañero
de destino
de puro ocre os camiños
ocres as casas de adove
ocres ollos dos meniños
soños ocres dos plantons
ocre pasado e futuro
ocres ocres corazons
fio a fio
as compas entrelazan
e van nacendo
eses lindos textiles
e como os fios
os escuros e longos cabelos
tamen se entrelazan
e van nacendo as trenzas
2-05
unha
ou duas trenzas
e as veces
entrelazadas con fitas
pero este pais
segue mal trenzado
2-05
vou agarrar un bus
camiño de aloapam
e as fotos de leonor
ensino a adelfa
que se quedou na aldea
sen poder cruzar o charco
la hecho mucho de menos
mi corasonsito está bien triste
oaxaca 2-05
lembro os versos
de angel gonzalez
na voz de pedro guerra
como llevaba trenza
la llamabamos trencita
como llevaba trensa
la llamabamos trensita
2-05
en aloapam dorotea
foi a miña anfitriona
e varios dias
eu espertaba coa musica
das palmadas en vertical
sobre a masa do cereal
que lle daban forma
a unha nova tortilla
2-05
na cancha do recreo
baixo un tremendo sol
xogan o baloncesto
nunha canasta dous balons
e na outra tres
rapazas e rapaces non compiten
so disfrutan do xogo
sanis aloapam 2-05
saio do camiño
para que pasen catro vacas
e unha delas parase
e ollame fixamente
tamen ela sabe
que son un güero
2-05
pido permiso
para facerlle
unha foto a perla
a curman de leonor
e a nai decide
peiteala un pouco
pero alguns cabelos
se resisten
2-05
no encino de aloapam
á beira do barranco
a cativa columpiase
coa sua playera do cipo
na corda de ir por leña
tamen o cipo se columpia
a beira doutro barranco
2-05
as casas de adove
son quentes no inverno
e frescas no veran
as casas de adove
forman parte da paisaxe
son ocres como a terra
2-05
a outra perla
a neta de dorotea
fago un dragonciño de papel
o dia seguinte levao a escola
e no recreo xa me asaltan
ducias de chiquitos e cativas
para que lles faga dragonciños
2-05
o silencio
dunha tumba
faise ainda
mais silencio
cando con coidado
agarro
un posible
pequeno
oso humano
aloapam 2-05
a miña pequena
mochila verdinegra
logo de varios dias
ainda cheira
a fume de comal
e tortillas
oaxaca 2-05
estudar a telesecundaria
costalle a estas rapazas
un fermoso e duro paseo
duas horas e media de ida
e outras tantas de volta
nos camiños de puro ocre
estes dous unifomes
semellan dous fantasmas
nuyoo 2-05
no ceo pasan unhas nubes
e as chiquitas xogan adiviñar
as posibles e imposibles formas
dos cambiantes brancos entre azuis
unha cancha de beisbol
o milenario arbol de el tule
o mapa do pais do norte
unha estela de monte alban
yucuhiti 2-05
nunha cociña feita con canas
a beira dun barranco
amasa unha compañeira
sobre a pedra do metate
as futuras tortillas
no triste museo da capital
vin hai uns dias
outro negro metate
de mais de mil anos
case igual a este
plan 2-05
